fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 03 Xullo 2020 09:33

Visibilidade á loita contra a homofobia

Visibilidade á loita contra a homofobia

 O Concello de Soutomaior uniuse esta pasada semana aos actos de conmemoración do Día do Orgullo LGTBI+ con diversas actuacións nos edificios municipais baixo o lema “Orgullo Soutomaior”. A principal é a creación de varios puntos para dar visibilidade á loita contra a homofobia e a instalación dun punto permanente de encontro e lectura na biblioteca municipal con literatura específica.

Ademais da instalación destes puntos na biblioteca, Multiusos de Arcade e CIM, o goberno local tamén engalanou a casa do Concello cunha bandeira arco íris e o lema “Orgullo Soutomaior”.

A iniciativa ten como obxectivo o sensibilizar á poboación e promover entre a cidadanía os principios de igualdade e diversidade sexual, así como dar mostra das diferentes realidades existentes nas relacións, as identidades e as orientacións sexuais.

O Concello de Soutomaior debe de ser un espazo libre de estereotipos sexistas, no que o respecto pola diversidade afectiva e sexual constitúa unha das bases da nosa forma de vida.


Visto 788 veces