18 veciñas dos Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén participaron no curso intensivo de técnicas de autodefensa para mulleres organizado conxuntamente por ambos os Concellos.
O curso tiña como obxectivo ofrecer ás participantes unha serie de técnicas e estratexias defensivas de efectividade comprobada #ante posibles situacións violentas, tanto para a súa prevención como para a súa evasión en caso de producirse.
Para iso, o ciclo foi impartido por monitores especialistas da Federación Galega de Loita e membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que participan nesta iniciativa en todos os municipios adheridos á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero.
Clausuraron o curso as edís de igualdade de ambos os municipios, Cristina González e Eloisa Nogueira.