Imprimir esta páxina
Xoves, 14 Novembro 2019 14:13

Servizo de Cafetería no Centro social de maiores de Arcade

Servizo de Cafetería no Centro social de maiores de Arcade

"Explotación do servizo de Cafetería no Centro social de maiores de Arcade", co fin de destinalo á venda de bebidas e produtos alimenticios de uso menor.

Co obxecto de asegurar a concorrencia na licitación para a explotación da cafetería, faise preciso unha aportación municipal que faga atractiva tal actividade, habida conta do nivel de facturación anual actual.

A aportación municipal máxima de 6.000,00/ano, farase efectiva unha vez rematado o ano de explotación da cafeteria, e dentro do primeiro mes da anualidade seguinte.

A duración do contrato máxima será de TRES (3) ANOS dende a formalización do mesmo, prorrogable por un único período de UN (1) ANO máis, previo acordo do órgano de contratación adoptado con un mes de antelación ao remate do contrato principal.

Requisitos mínimos: En todo caso, un dos traballadores adscritos á execución do contrato estará obrigado a ter experiencia laboral no sector da hostalería durante un mínimo de un ano.

A presente licitación ten carácter electrónico @s licitador@s deberán preparar e presentar as súas ofertas obrigatoriamente de forma electrónica a través da ferramenta de preparación e presentación de ofertas da Plataforma de Contratación do Sector Público

Plazo de presentación de oferta: hasta el 23/11/2019 ás las 23:59.

Máis información na pagina web do Concello www.soutomaior.gal ou nas oficinas municipais.


Publicado en Igualdade
Visto 648 veces