Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior e baixo o lema”Fagamos Orgullo” realizaremos unha charla coloquio sobre a diversidade sexual, o día 7 de Xuño as 18h. na Biblioteca Municipal, sita na rúa Illas Alvedosas nº 3, Arcade.
Nesta charla participarán: Eva Mejuto, docente no máster ”Libro Ilustrado e Animación Audiovisual”da Universidade de Vigo e rematou a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados, traducidas a máis de dez idiomas. A novela "22 segundos “ é a narrativa que nos vai a presentar. Iria Misa, licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario, preséntanos o seu libro"Mamá, quero ser Ziggy Stardust" , finalista do Premio Agustín Fernández Paz e Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. Cristina Palacios, presidenta da asociación ARELAS desde 2015, Traballadora Social e docente. Unha das impulsoras de la Lei de Identidade de Xénero de Galicia. Co-organizadora das I y II Xornadas sobre Diversidade Sexual desde a Educación na Facultade de Ciencias da Educación da USC.
No coloquio poderan participar todas as persoas presentes na biblioteca para resolver calquera dúbida ou inquedanza que teñan ou plantexar o seu punto de vista. Dende a Concellería de Igualdade animamos a participar a toda a ciudadanía nesta actividade de promoción do respecto a diversidade sexual.