fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 06 Febreiro 2019 13:50

Os concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén e Vilaboa renovan a súa colaboración contra a violencia machista

Os concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén e Vilaboa renovan a súa colaboración contra a violencia machista

O tres edís renovaron hoxe o seu acordo antes da celebración da 6ª mesa de coordinación para a atención integral a vítimas da violencia de xénero Soutomaior. Este 31 de xaneiro de 2019 os alcaldes de Soutomaior, Agustín Reguera, Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, e Vilaboa, José Luís Poceiro, certificaron a continuación da colaboración entre os tres municipios para a loita contra a violencia machista.

O acordo asinouse no Centro de Información á Muller situado en Arcade antes da celebración da mesa de coordinación intermunicipal para a atención integral das vítimas de violencia de xénero. A colaboración entre os tres Concellos en contra da violencia machista contempla distintos protocolos de actuación ante a aparición de posibles casos de violencia de xénero nos tres municipios. Deste xeito, establécense as medidas necesarias para dotar ás vítimas de axuda psicolóxica ademais de posibles alternativas habitacionales axustadas ás súas necesidades. Así, si unha posible vítima non pode ter no seu municipio as medidas de intimidade ou protección necesarias, para ela ou os seus familiares dependentes, poderá recibir axuda nalgún outro municipio de xeito rápido e efectiva, e coa axuda constante de profesionais.

A cita da mesa de coordinación centrouse na revisión dos sistemas de actuación ante unha vítima de maltrato a través das demandas detectadas polas técnicas durante o seu traballo diario, son as que realmente están en contacto directo coas vítimas e saben mellor que ninguén os que é necesario?, afirmou a edil de igualdade, Cristina González, quen afirmou que estas accións contribúen a acurtar as rutas críticas que percorren as mulleres vítimas de maltrato ata conseguir axuda?.

O grupo de coordinación ten como obxectivo principal o perfeccionar a ferramenta operativa constituída polo acordo entre os tres municipios. Para iso, conta coa representación de todos os ámbitos municipais dos tres concellos implicados para que tanto as rutas establecidas para a axuda ás vítimas, como todos os servizos e atencións ofrecidas, sexan o máis efectivas e tempranas posibles.


Publicado en 25N (Igualdade)
Visto 1015 veces