Mércores, 06 Setembro 2017 13:03

Escolas Deportivas Municipais 2017-2018

Escolas Deportivas Municipais 2017-2018

Co obxecto de ofertar un lecer de calidade e contribuír no proceso de educación e integración de todo cidadán a través do deporte o Concello de Soutomaior pon en marcha as Escolas Deportivas 2017-2018.

O inicio será o luns 2 de outubro e o prazo de inscrición é desde o venres 8 ao 22 de setembro.

Os impresos, dípticos e horarios estarán dispoñibles no pavillón municipal a Montesiña, nas descargas en PDF, abaixo, e así como na pagina web www.soutomaior.com.

Iniciación ao Deporte, Multideporte, Baile Moderno, Tenis e Minitenis, Ximnasia Rítmica e Acrobática, Natación, Patinaxe e Pádel son as ofertas para os máis novos.

Pádel e Tenis, Natación Preventiva e Actividade Física para Adultos (AFA) son as propostas para os adultos.

A ocupación ao 100% do pavillón impide ampliar as ofertas deportivas para esta tempada 2017-2018 que finalizará o 2 de xuño do ano próximo.

Todos os participantes contarán con seguro de accidentes deportivos e as distintas actividades son impartidas por monitores  titulados así como polas dúas técnicas deportivas adscritas ao pavillón.

Co lema de gozar do xogo e do deporte por encima de todo espéranse que nestas escolas deportivas inscríbanse máis de 300 participantes.

 


Publicado en Escolas Deportivas
Visto 3104 veces

Escolas Deportivas Municipais
Pavillón Municipal "A Montesiña"

Inscricións Escolas Deportivas 2019-2020

06-09-2019 / Escolas Deportivas

O vindeiro luns día 9 ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas do Concello de Soutomaior 2019-2020. As inscricións pódense realizar ata o día 27 deste mes no Pavillón da Montesiña en horario a partir das 18,30 horas. O inicio das actividades será o luns 7 de outubro.