Venres, 26 Mai 2017 10:22

Recibimento a deportistas

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu na casa do Concello ás xovenes ximnastas locais Aldara, Rita, Antia e Rosalia, acompañadas das súas adestradoras Julia e Susana, polos seus éxitos no Campionato de España e entregoulles un obsequio en agradecemento aos seus triunfos e felicitounas polo seu traballo, esforzo e dedicación nun deporte tan duro e esixente como é a ximnasia.

No campionato de España celebrado en Guadalajara, Aldara Cabaleiro proclamouse campiona de España Alevín na modalidade parella feminina, Rita Lorenzo tamén subiu ao alto do podio na categoría cadete parella mixta e por último Antia Soñora e Rosalia Lorenzo foron subcampionas na categoría alevín en trio feminino.

Estas deportistas iniciaron a súa aprendizaxe nas Escolas Deportivas de Ximnasia Rítmica do Concello de Soutomaior como paso inicial para despois encadrarse dentro dun club e seguir competindo a maior nivel que é o obxectivo das Escolas Deportivas Municipais.

Parabén a todas elas ás súas adestradoras e ao Club Treboada de Ximnasia que é o encargado de supervisar a iniciación de deportistas nas Escolas Deportivas de Soutomaior.



Escolas Deportivas Municipais
Pavillón Municipal "A Montesiña"

Escola de Baloncesto

26-10-2017 / Escolas Deportivas Municipais

O Concello de Soutomaior, dentro das escolas deportivas 2017-2018, pon en marcha a escola de baloncesto. Está dirixido a nen@s de entre 6 e 12 anos. As clases serán os martes e xoves de 18,30 a 19,30 horas no Pavillón Municipal. Tentarase formar dous grupos cun mínimo de 10 participantes e un máximo de 15 cada día. Esta nova modalidade dentro das escolas deportivas...

 

Escolas Deportivas (Baloncesto e Patinaxe) DEPOrte Escolas

Lun 10-Set-2018 / Deportes e Pavillón

INSCRICIÓN PATINAXE E BALONCESTO (Rexitro único) Pasos para formalizar a inscrición: Ir a www.depo.gal/deporte-escolas Opcions de inscrición: Rexistros da Deputación ou nas oficinas da ORAL Buscar: “Xerar solicitude para presentar no rexistro) Cubrir a solicitude e envialos datos a través da web. A Deputación nos remitirá a solicitude ó noso correo electrónico e debemos IMPRIMILA e FIRMALA. Duas opción para formalizala inscrición: Escanear esta solicitude firmada e remitila a...

LEER MÁIS

Escolas Deportivas

Ven 07-Set-2018 / Carteis

Escolas M. Deportivas Do: 01-10-2018 ó: 01-06-2019 Inscricións ata: 21 Set 2018  Destinatarios: Todo público Lugar da actividade: Pavillón M. A Montesiña Prazas: Limitadas Baloncesto - Patinaxe - Natación - Baile Moderno - Multideporte - Ximnasia Rítmica - Ximnasia Acrobática - Tenis e Padel - Iniciación ó Deporte - Actividade Física para Adulto...

LEER MÁIS