OBRADOIROS / Concellería de Mocidade
DESCRICIÓN
Actividade de exploración que se realiza ao longo dun roteiro de pouco máis de 2 kms de duración (ida e volta). O punto de inicio e fin será a Ponte Medieval. No inicio entregarase un pequeno mapa topográfico, e farase unha explicación breve sobre a lectura de mapas. Coa axuda deste mapa comezaremos a exploración do entorno con “pistas” para desenvolver unha xinkana interpretativa para o recoñecemento de especies invasoras e autóctonas, a biodiversidade do río e a cultura local.
Destinatarios/as: persoas de todas as idades que queiran coñecer a natureza e explorala dun xeito lúdico e respetuoso.
Datas e horario: Domingo 23 de agosto
Materiais necesarios: roupa e calzado cómodo adaptado ás condicións climatolóxicas e máscara de protección individual.
DESCARGA DICIONAL:
ANEXO 1 - DECLARACIÓN RESPONSABLE (PROGRAMA XUVENIL DE ACTIVIDADES XULLO 2020)
Accesos : 526 |