OBRADOIROS / Concellería de Mocidade  
CARTAZ-campamento-verán-2024-.jpg
Campamento de Surf na praia de Razo (Carballo) PRAZAS COMPLETAS

Inicio da actividade: 27-07-2024
Fin da actividade: 31-07-2024
Dias da actividade: Do 27 ao 31 de xullo
Horarios: 5 días/4 pernoctas
Destinatarios/as: 12 - 17 anos
Menores: Menores con autorización
Público dirixido: Público Xuvenil
Prazas: 49 prazas
Acceso: De pago
Bonificacións: *Consultar posibles bonificacións
Lugar da actividade: Praia de Razo situada en Carballo (A Coruña)
  

 

DESCRICIÓN

O campamento vai enfocado este ano a descubrir a mellor forma de gozar do surf na praia de Razo situada en Carballo (A Coruña). A escola Art Surf Camp, ofrece clases de surf con monitorado altamente cualificado e a oportunidade de divertirse nunha experiencia única nun ambiente seguro e acolledor.
Os grupos organizaranse por idades.
 
Actividades:
Principal: SURF
Secundarias: veladas, rutas de senderismo e acceso libre controlado  ás instalacións e equipamentos da mesma (mesa ping - pong, rampas skate , volei, patinete, material de protección, táboas  de equilibrio.
Duración: (5 días/4 pernoctas) de 2024
incorporación pola mañá e saída o último día despois de xantar.
Lugar: Praia de Razo, Carballo (A Coruña).
Prazas: 49
Custe: 70€ empadroados/as; 250€ non empadroados/as.
Inclúe: manutención, pernocta en habitacións compartidas con baño, actividades, material, personal titulado, seguridade, seguro, desprazamentos de ida e volta.
 
IMPORTANTE: no caso de que algunha persoa teña diversidade funcional debe indicalo na ficha para que desde a OMIX nos poñamos en contacto previamente e poidamos adaptar as actividades. Haberá un número limitado de prazas para estas situacións que se cubrirán por orde de inscrición. 
 
Observacións: Realizarase unha reunión coas familias e participantes na que estará o equipo de monitores/as previamente.
 
 

* NON FAGA O PAGO, ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA. (Envío de mensaxe vía Whatsapp), * Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior

Custe empadroados/as: 70€  Custe NON empadroados/as: 250€  Cotas: 1 cota  Modo de pago: Pago único Bonificacións: *Consultar posibles bonificacións Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago, Fotocopia do DNI (Participante) Forma de entrega: omix(arroba)soutomaior.gal ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 1380