O Parque temático do nadal "PERLIM" atopase en Portugal e é un lugar para soñar e imaxinar, onde os seus habitantes teñen características únicas e máxicas nun espazo que ten un século de existencia e serve como telón de fondo perfecto para pasar un día rodeados de historias inspiradoras, alegres e contaxiosas nunhas datas tan entrañables como as do Nadal. Un lugar perfecto para compartir ilusión e tamén para divertirse porque conta con máis de vinte áreas temáticas!, Teatros Musicais, Grandes Formatos escénicos, Escenarios Interactivos, Atraccións, Espectáculos Piromusicais, Ilusionismo Circulante, e ¡moito, moito máis!. Horarios de saída de autobús:
-
10.00 h Casa do Concello
-
10.15 Cruce de Pierres
O horario de chegada ó Concello aproximado será ao redor das 22 h
DURACIÓN: será dun día durante o cal se visitará todo o parque.
Xantaremos no restaurante "Degustaría da Vila". Seleccionar un dos menús da opción que corresponde pola idade:
Menú infantil (5 a 12 anos)
-
Grupo 1: entrantes + polo frito con patacas ou crema de verduras
-
Grupo 2: milanesa de polo con patacas ou crema de verduras
Menú adultos (a partir de 13 anos en diante)
-
Grupo 3: entrantes + carne asada +crema de verduras ou patacas
-
Grupo 4: entrantes + bacallao ao forno + crema de verduras ou patacas
COTA: 12€ empadroados/as; 30€ non empadroados/as (consultar bonificación familiares e outras). Menores de 4 anos non pagan.
Inclúe a entrada, o tren dentro do parque, o xantar, desprazamentos en autobús e seguros de viaxe.
O pago farase mediante transferencia bancaria nas contas do Concello de Soutomaior. Haberá que entregar o resgardo de pago na OMIX ou envialo por correo electrónico á Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. antes de que peche o prazo de inscrición.