OBRADOIROS / Concellería de Mocidade
SoutoNews Magazine (Os venres 1 1/2 h)
Inicio da actividade: 07-10-2017
Fin da actividade: 25-05-2018
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: 12/grupo
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade
> DESCARGAS: 17-inscricion-soutonews-ingles-practico.pdf |
DESCRICIÓN
Soutonews é un programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándose de crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos… Guiados por unha profesora de nivel nativo e con experiencia, idearán as novas, redactarán os contidos e poñeranos en práctica. Coa axuda da televisión local, a finais de cada mes, gravaranse as seccións cos diálogos que estarán subtitulados en galego. Incorporaremos actividades didácticas que axudarán a desenvolver as habilidades en inglés así como a desenvolver a axilidade mental neste idioma: competición de deletreo (spelling), obradoiro de cancións, debates.
Contido
-
Obxectivos: adquirir competencias lingüísticas en inglés dun xeito práctico e divertido, usando vocabulario propio de contextos diarios para falar con maior fluídez e mellorar a pronunciación e a axilidade.
-
Contidos: é un programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándose de crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,… Guiados por unha profesora de nivel nativo, idearán as novas, redactarán os contidos para logo coa axuda da televisión local, a finais de cada mes, gravar as seccións cos diálogos subtitulados en galego. Incorporaremos actividades didácticas que axudarán a desenvolver as habilidades en inglés así como a desenvolver a axilidade mental: competición de deletreo (spelling), obradoiro de cancións,etc.
Grupos
Grupos
-
Grupo 1: de 12 a 15 anos: Venres de 16:00 a 17:30
-
Grupo 2: de 16 a 25 anos: Venres de 17:30 a 19:00
Formas de pago
-
Custe: 10 €/mes empadroados/as; 30 €/mes non empadroados/as.
-
Forma de pago: na OMIX, entre o dia 1 e 5 de cada mes
Modo de pago: Non reporta pago
|
|