CURSOS / Concellería de Mocidade
DESCRICIÓN
Con estas formación aprenderemos contidos sobre as características e necesidades de atención hixiénica e sanitaria das persoas dependentes. Identificando as súas características e necesidades, como se produce o proceso de avellentamento, enfermidades, convalecencias, etcétera. Aprenderemos tamén sobre tipos de unidades convivenciais, estruturas familiares, servizos e programas de atención a persoas dependentes, funcións das persoas coidadoras, como protexer e tratar con confidencialidade os datos e moito máis sobre o contexto de atención ás persoas dependentes, é dicir, coñecementos e habilidades para prestar unha atención profesional e personalizada realizando intervencións adecuadas e aplicando técnicas de hixiene e aseo da persoa dependente pero tamén coidados a nivel emocional.
METODOLOXÍA: teórico – práctica.
Teórica: contaredes con profesorado para impartir os contidos do curso e resolver as dúbidas que vaian xurdindo, sempre partindo de casos prácticos que faciliten a comprensión dos contidos teóricos. Parte teórica presencial: 13, 15, 17, 20, 22, 24, 27 febreiro e 1, 3, 6 e 8 de marzo.
Parte práctica en empresas: consta de 40 horas e realízanse en empresas da zona de Pontevedra e Vigo ao rematar a parte teórica (residencias de maiores, centros hospitalarios con posibilidade de bolsa de traballo). En horario de mañá ou de tarde. Comezamos na semana do 13 de marzo. O desprazamento correrá a cargo do alumno/a.
Na segunda semana do curso comunicaremos as posibilidades de empresas a o calendario a cada persoa cos seus horarios tendo en conta as observacións realizadas na ficha previa entregada en aula.
Descarga:
Accesos : 799 |