EVENTOS / Actividades da Biblioteca
Descrición: Narración oral con Soledad Felloza. Mara é unha nena que soña con bailar coas nubes, pero a súa casa está pegadiña a terra e moi lonxe do ceo! Só a axuda de novos vecinos fará que o soño sexa unha realidade. Espectáculo inspirado no libro de Vanina Starkoff de Editorial kalandraka. O libro é unha viaxe poética e visual para chegar a bailar coas nubes. No espectáculo cóntase a historia de cada unha das casas, das persoas que fan posible o soño. Porque a historia de cada un de nós é unha tea feita dos fios da memoria de todos. Cada casa, é un conto diferente. En cada sesión cóntanse tres historias que se adaptan as idades do público e a celebración do calendario do libro e da lectura. Baixa das nubes filla, é a frase que máis escoita Mara, pero coas historias que Ile contan seus veciños, e moi difícil non sentir o corpo lixeiriño. Cada libro que Mara descubre é un chanzo máis na escaleira da imaxinación.
Accesos : 235 |