Chega á Biblioteca Municipal "A hora do conto..." unha actividade dirixida a nenos e nenas de 4 ata 12 anos na que escoitarán, verán, tocarán, imaxinarán, partillarán...CONTOS!!
Trátase dunha proposta creativa sobre historias narradas nas que os nenos e nenas serán os seus propios protagonistas...
Non o perdas!
Cada venres último de mes de 18:00 a 19:30 horas na Biblioteca Municipal achegámoste ao mundo dos contos e da literatura a partir de propostas creativas narradas por Pavís Pavós, contadores de historias cunha longa traxectoria no público infantil.
As inscricións abriranse o luns 17 de xaneiro ás 09.00 h.