CONCURSOS / Concellería de Mocidade
DESCRICIÓN O Concurso de Postais e Felicitacións das festas de Nadal e aninovo pretende promover a reflexión sobre o significado desta celebración e os seus valores na sociedade actual; apoiar a participación da mocidade no ámbito artístico e creativo e fomentar o uso da lingua galega. Dadas as actuais circunstancias derivadas da COVID-19 este ano imos facer variacións que nos permitan realizar o concurso con seguridade e cumprindo todas as normas e medidas sanitarias. FORMATO POSTAIS: POSTAIS- MODALIDADE SIMPLE (sen volume)
POSTAIS- MODALIDADE TRIDIMENSIONAL-VOLUMINOSA (con volume, altura, anchura e profundidade).
FELICITACIÓN AUDIOVISUAL - MODALIDADE VÍDEO
Prazo de presentación O prazo de presentación para todas as modalidades REMATARÁ O MÉRCORES 16 DE DECEMBRO ÁS 14.00 HORAS. A votación popular na web pecharase o domingo 20 de decembro ás 23.00 h
Accesos : 967 |