EVENTOS / Concellería de Cultura
Descrición: A Roda conmemora 40 anos promovendo a música galega e en galego A formación A Roda naceu no ano 1977 dun grupo de amigos que se xuntaba ao redor dunha mesa, facendo a roda que lles dá nome. O primeiro traballo, homónimo, A Roda converteuse nun superventas e é aínda hoxe un dos clásicos da música galega; con el gañaron o favor do público e conseguiron o Premio da Crítica Galega.
Accesos : 657 |