EVENTOS / Concellería de Ensino
Descrición: Escola de Pais Nesta ocasión tocaremos novos temas de interese pero dun xeito moi práctico porque durante as sesións as familias participarán en xogos de rol e dinámicas para traballar a partir de casos prácticos novas habilidades e recursos que os poidan axudar a mellorar o seu traballo como educadores/as. A familia ten unha función clave na socialización do individuo e contribúe decisivamente ao seu desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Exerce unha influencia moi importante na conduta dos nenos/as e nos estilos de vida dos/as adolescentes. Na familia adquírense e desenvólvense as actitudes, crenzas, valores, hábitos, estilos de vida e comportamentos que influirán no modo en que os fillos/as se enfronten á vida e, por tanto, a actuación familiar pode contribuír a evitar o desenvolvemento de problemas. Ambas sesións son de balde! Haberá actividades específicadas para os máis pequenos/as durante as sesións así que se poderá acudir con eles/as para que poidan participar en actividades lúdicas mentras que os pais e nais participan nos obradoiros.
CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Accesos : 1334 |