Descrición:
Este venres 16 de xuño ás 21.30 h no auditorio exterior do Multiusos en Arcade terá lugar o IX Festival Danzarte 2017co cal o Concello de Soutomaior pecha algunhas das actividades artísticas organizadas pola Concellería de Xuventude durante o ano.
O festival representa a culminación de moitos dos traballos iniciados e rematados durante o curso e significa moito para o alumnado porque fanse visibles os esforzos e as aprendizaxes acadadas. Ademais, trátase dunha actividade lúdica e distendida na que se participa en grupo.
PROGRAMA
21:30 h Inauguración.
21:35 h Exhibicións e Intervencións artísticas:
-
Presentación da obra realizada polo alumnado do grupo infantil e xuvenil da Escola Municipal de Debuxo e Pintura e da Exposición “Os nosos artistas”
-
Grupo municipal Danza do Ventre (adultas): “Tribal" (4 minutos)
-
Grupo municipal Guitarra: “Arcade Fire” nivel iniciación “Soldadito Marinero” Fito & Fitipaldis (6 minutos) e “ Los demonios” tema propio.
-
Grupo Danza do Ventre (infantil): A.C. Miúdos “Bellydance " (4 minutos)
-
Grupo municipal Guitarra: “Os martes con nata de Alisse” nivel intermedio “Otoñojas” e “He llegado a Japón”, temas propios (6 minutos)
-
Grupo municipal de Baile latino: "La bicicleta” (4 minutos)
-
Baile Moderno infantil: Ximnasio Clube Arcade
-
Baile Moderno xuvenil (3 -6 anos): A.C. Miúdos. "Vente pa ca”. (4 minutos)
-
Grupo municipal de Baile Latino: "ZOUK” 4 minutos
-
Baile Moderno xuvenil: Ximnasio Clube Arcade
-
Grupo municipal Danza do Ventre (adultas): “Bellydance” (7 minutos)
22:30 h PECHE
APERTURA DA EXPOSICIÓN DE PINTURA “OS/AS NOSOS/AS ARTISTAS”
A exposición de pintura poderá visitarse ata o 1 de xullo no Multiusos.
Accesos : 847