EVENTOS / Actividades da Biblioteca
Descrición: O programa Ler conta moito vai permitir celebrar, un ano máis, varias actividades de promoción da lectura na Biblioteca Municipal do Concello de Soutomaior. Charo Pita presenta O pucheiro da señora Emilia O seu traballo como narradora abarca diversas áreas do fabuloso: montaxes cuentístico musicais , sesións para adultos, nenos, público familiar. Tamén imparte talleres de narración oral. É licenciada en filoloxía hispánica pola Universidade de Salamanca. A señora Emilia ten un pucheiro onde fai caldo de picurruchos, cocido de vento e outras delicias. Pero como a señora Emilia é moi xenerosa, presta o seu pucheiro e... Estas son as historias, de aquí e de alá, de medo e de risa, tristes e enxeñosas, que se poden escoitar nesta actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Accesos : 754 |