OBRADOIROS / Concellería de Ensino
DESCRICIÓN
O Concello de Soutomaior inicia a nova programación de ROTEIROS MEDIOAMBIENTAIS: coñecer o teu entorno e arredores. Este programa de educación mediambiental ten como finalidade educar e sensibilizar no respecto, conservación do noso patrominio e promoción de valores medioambientais comezando polo noso entorno máis inmediato. Trátase de poñer en valor o que nos rodea, coñecelo e así respetalo. Tamén se promove o senderismo como medio para estar en forma pero tamén como actividade lúdica e de convivencia que permita xerar ambientes distendidos onde veciños e veciñas pasen un rato entretido aprendendo e compartindo.
A proposta para este trimestre é para o Domingo 12 de novembro: "A ENERXÍA DA AUGA"
Breve descrición: 6.5 kms, lineal. Dificultade media; desnivel moderado.O desnivel non é moi acusado, pero calificámolo como de nivel medio porque hai un par de costas con terreo desigual, no que hai que poñer moito coidado. Tamén advertimos que non é recomendable para persoas con moita vertixe, pois atravésase unha ponte en altura.
Temas: Neste roteiro camiñaremos ao longo do río Verdugo, gozando da vexetación de ribeira e co fío condutor da Central Hidroeléctrica. Atoparemos as diferentes infraestruturas necesarias para producir enerxía. E, todo isto, rodeado de recunchos de vexetación que nestas zonas pouco accesibles aínda se conservan.
Ferramentas: láminas sobre o funcionamento da minicentral e de elementos naturais salientables mediante as cales a guía irá comentando os aspectos máis.
INSCRICIÓNS:
Para participar é obrigatorio inscribirse previamente.
Que é?
Un programa de roteiros nos que se combina a educación e sensibilización medio ambiental co senderismo e as actividades lúdicas e de lecer. Cada roteiro ten as súas peculiaridades que se van destacando da man dunha guía que durante o percorrido vai explicando e interpretando o que se ve: arquitectura, flora, fauna, paisaxe, etc. Estas explicacións realízanse combinando diferentes técnicas e recursos dun xeito dinámico e divertivo: uso de mapas, aplicación de tecnoloxías como por exemplo os códigos QR ou o xeocaching, etc.
Obxectivos
Inscricións
Durante o ano realízanse varias convocatorias que habitualmente se programan cunha periodicidade trimestral.
IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.
Material necesario:
*Inscricións previa nos roteiros: ata 5 días antes de cada roteiro na OMIX ou ata cubrir prazas.
Accesos : 1506 |