EVENTOS / Actividades da Biblioteca
Descrición: O luns 16 de maio ás 17:00 h terá lugar na biblioteca o espectáculo “Maxia & Música con Manuel María” da man do ilusionista Martín Camiña e o músico Álvaro Muras. Un percorrido guionizado de maxia e música, a través da vida e obra do autor Manuel María. Un espectáculo con fondo musical e moita ilusión que navega nos versos do poeta lucense. 60 minutos de sorpresas con cancións, cordas, cartas, panos, papeis e coa vida de Manuel María coma escenografía. Entrada libre para todos os públicos.
Accesos : 910 |