EVENTOS / Concellería de Mocidade
Descrición: A Concellería de Educación inicia a programación da Escola de Pais e Nais con nova temática e con sesións moi prácticas. A temática nesta ocasión será " APRENDENDO a... alimentarnos e mercar en familia" A primeira charla terá lugar o venres 22 de abril de 18 a 20 h no Multiusos. Esta charla será impartida por Antía Rivadulla (nutricionista) que falará sobre elaboración de menús, lectura de etiquetas, como mercar os productos e sacarlle o maior partido, propiedades dos alimentos, etc. Haberá actividades paralelas para os nenos/as para poder asistir sen dificultade ás sesións. A segunda sesión será o venres 20 de maio no auditorio exterior do Multiusos. Nesta sesión, realizaremos un xogo interactivo no que se simulara un mercado real onde as familias poderán mercar productos e onde os monitores/as - tendeiros terán preparadas moitas sopresas!! O contido da sesión será traballar o mesmo tema pero dun xeito práctico onde todos os membros da familia experimenten unha xornada mercando alimentos. Será unha experiencia moi divertida e dinámica xa que o mercado terá unha dimensión case real. Todas estas actividades son de balde e non cómpre anotarse previamente! O CONCELLO DE SOUTOMAIOR
Accesos : 1061 |