EVENTOS / Concellería de Mocidade
Descrición: A Concellería de Educación pon en marcha un programa de educación acorde cos avances tecnolóxicos, científicos e culturais do momento no que vivimos. Propoñemos unha proposta formativa que potencie o desenvolvemento integral desde a primeira infancia mediante o entrenamento de capacidades, habilidades e destrezas no marco dun enfoque tecnolóxico, humanista e lúdico. O programa utiliza unha metodoloxía práctica na que poden participar os nenos/as de 4 a 7 anos pero tamén as súas familias pois terán que vir acompañados dunha persoa adulta á actividade. A proposta para este trimestre de outubro a decembro desenvólvese durante tres sesións independentes. En cada sesión traballaremos un programa específco: 1º sesión será o sábado 24 de outubro de 10,30 a 13,30 h - XOGANDO CON CODE, achegarse ao mundo da programación xogando a través do programa CODE 2º sesión será o sábado 14 de novembro de 10,30 a 13,30 h - LABORATORIO DE XOGOS, onde os/as participantes aprenderá a crear e programar os seus propios xogos no ordenador. 3º sesión será o sábado 21 de novembro de 10,30 a 13,30 h - FANTASTIC CONTRAPTION, xogos creados a partir de realidades virtuais onde os/as participantes poderán vivir experiencias tridimensionais a partir do xogo. As sesións serán independentes e para participar as persoas deberán anotarse previamente na OMIX, no Multiusos (ARCADE). Máis información: 986700822 O CONCELLO DE SOUTOMAIOR
Accesos : 828 |