Proxecto de divulgación e posta en valor dos recursos naturais ‘O MANCOMÚN’
Coñecer a multifuncionalidade dos Montes do Couso da man do presidente desta comunidade para coñecer as posibilidades que ofrece a natureza, visivilizando os programas de educación ambiental que levan a cabo e os seus proxectos. Trátase dunha actividade de coñecemento pero tamén de lecer para gozar dunha experiencia sostible na natureza.
10:00 h Saída en autobús desde Casa do Concello
10:05 h Saída en autobús desde Cruce de Pierres
-
11:00 h Inicio da visita guiada co Presidente da comunidade de montes á producción de Shiitake, ao bosque da lingua e das memorias, aos refuxios de anfibios e ás zonas de froitos do bosque, etc.
-
14:00 h Xantar na zona recreativa As Pesqueiras.
-
16:00 h Inicio da segunda parte da visita
-
18:30 h Fin e regreso a Soutomaior
19:30 h Chegada autobús a Cruce de Pierres
19:35 h Chegada autobús a Casa do Concello
Teñen preferencia:
1º as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior
2º as persoas pertencentes a unha comunidade de montes do municipio
3º público xeral.
Inclúe: desprazamento en autobús e visita guiada.
Observacións: as persoas inscritas teñen que levar o xantar, roupa cómoda para camiñar, roupa de baño para bañarse na zona recreativa As pesqueiras, si as condicións o permiten.