Importante: LEMBREN QUE AS PERSOAS DESTINATARIAS SON AS PERSOAS MAIORES DE 65 ANOS. Só se permitirá a inscrición de persoas menores desta idade nos seguintes casos:
- Cónxuxe: no caso de matrimonios/parellas de feito se algunha das persoas non ten os 65 anos entón poderá inscribirse como acompañante.
- Necesidades especiais: no caso de que as persoas inscritas de +65 anos precisen para poder asisitir ir con acompañante. Neste caso deberán entregar un xustificante xunto coa inscrición no que quede acreditada a necesidade de levar unha persoa acompañante e que esta se inscriba tamén na actividade para que quede reservada a praza.
A inscrición soamente permitirá a idade desde 55 anos para este casos excepcionais. No caso de darse outra circunstancia chamen ao Concello.
Soamente poden participar persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.
Máis información e axuda para realizar as inscricións en liña nas oficinas xerais do Concello (Soutomaior) ou nos Servizos sociais no centro integrado de Benestar (Multiusos, Arcade).
As prazas son limitadas.