Desde o Concello de Soutomaior ponse en marcha o programa: ESPAZO CONCILIA. Programa adicado a conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos da escola.
Para quen?
Vai dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos de idade, empadroadas no Concello de Soutomaior ou persoas proxenitoras traballando no termino municipal do Concello. O horario é de 9 da mañá á 14 horas, pero existe a posibilidade de entrar as 8.00h e de saír ás 15:00h (dependendo das necesidades de cada familia), durante os días 26, 27, 28, 29, e 30 de Decembro de 2022. Prazas limitadas*. Por orde de inscrición
Con relación as inscricións
A inscrición das solicitudes poden facerse na páxina web do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior ou nas oficinas do CIM os luns e mércores de 9 a 14h.
Con relación os prazos de inscrición
O prazo para a inscrición é do 2 ao 15 de decembro, ambos inclusive.
Nunha vez rematado o prazo de inscrición, comunicaremos ás familias, as crianzas admitidas.
Horarios opcionais: Opción 1: 08:00 a 15:00 h Opción 2: 08:00 a 14:00 h Opción 3: 09:00 a 15:00 h Opción 4: 09:00 a 14:00 h Modo de pago: Non reporta pago