OBRADOIROS / Concellería de Ensino  
ROTEIRO: Arte Rupestre (Todo o día)

Prazas completas

Inicio da actividade: 09-10-2022
Fin da actividade: 09-10-2022
Dias da actividade: Domingo 9 de outubro
Horarios: Bus: Saída 9:00 - Chegada 17:20 h
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: 30 prazas
Acceso: De pago
Bonificacións: *Consultar posibles bonificacións
Lugar da actividade: Centro de Interpretación Campo Lameiro
Inscricións:  ata 6 de outubro 

 

DESCRICIÓN

BREVE DESCRICIÓN 

Neste roteiro centrarémonos na riqueza natural, patrimonial, artes e cultura que nos proporciona a legado arqueolóxico que temos en Galicia, en concreto, visitaremos o parque arqueolóxico de arte rupestre de Campo Lameiro. Un espazo para o coñecemento a participación e a experimentación sobre o patrimonio e a prehistoria galega.  Realizaremos varias actividades neste espazo que conta cun itinerario de máis de 3 km de lonxitude para participar nas seguintes actividades:

  • 10:00 Recepción no Parque.
  • 10:30 Visita libre pola área expositiva.
  • 10:30 – 12:30 Inicio da ruta guiada pola área arqueolóxica.
  • 12:30 – 12:40 Descanso
  • 12:40 – 13:40 Actividade “Arqueólogo/a por un día”.
  • 13:40 – 14:00 Exhibición de lume
  • 14:30 Xantar e tempo libre
  • 16:30 Regreso Arcade - Soutomaior. 

HORARIOS BUS

Saídas:

  • 9.00 h Casa Concello Soutomaior
  • 9.05 h Cruce de Pierres Arcade 

Chegadas:

  • 17.30 h Cruce de Pierres Arcade
  • 17.35 h Casa do Concello

CARACTERÍSTICAS

Dificultade baixa- Percorrido por pista de monte aproveitando. Lonxitude: 3km, aprox.

INSCRICIÓNS:

  • Teñen preferencias as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Cubriranse por orde de inscrición. 
  • As persoas que estean penalizadas por non asistir ás anteriores sen causa xustificada pasarán á lista de agarda.
  • No caso de quedar prazas vacantes entón poderán entrar as persoas da lista de agarda que non estén empadroadas e as persoas con penalización.
  • As persoas inscritas unha vez que lles sexa adxudicada a praza e que non asistan sen motivos xustificados serán penalizadas e non poderán volver a participar nos roteiros organizamos no ano en curso (neste caso 2022)

CUSTE

3€ empadroados-as 9€ non empadroados-as (Bebés ata 3 anos de balde).  Cando no mesmo grupo familiar teña máis dun participante aplicaranse as seguintes bonificacións para persoas empadroadas:

  1. Ao 2º participante unha bonificación do 25%
  2. Ao 3º participante una bonificación do 50%
  3. Ao 4º participante unha bonificación do 75%
  4. Os quintos e sucesivos membros participantes dun mesmo grupo familiar quedarán exentos da taxa.

*Consulta outras posibles bonificacións.

 

Material recomendado para realizar a actividade:

  • Calzado adecuado para camiñar.
  • Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro (se chove ou fai vento);pantalón cómodo, camiseta térmica (se fai frío)...
  • É recomendable levar unha pequena mochila con auga para a camiñata, comida (para a parada de descanso a medio camiño), auga ou outras cousas que se consideren necesarias tendo en conta cada roteiro.* hai máquina con auga de pago.
  • XANTAR. Levar o xantar para comer nos merendeiro se non escolléstedes a opción de restaurante que se vos comentará posibles menús cando se confirme a praza.
  • IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.

Máis información na OMIX no teléfono 638 822 868 ou en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Custe empadroados/as: 3€  (Custe total: 3€) Custe NON empadroados/as: 9€  (Custe total: 9€) Cotas: 1 cota  Bonificacións: *Consultar posibles bonificacións Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago Forma de entrega: omix(arroba)soutomaior.gal ou Whatsapp: 638 822 868 Concellerías implicadas: Concellería de Medioambiente

 

Axenda destacados - Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 494