OBRADOIROS / Concellería de Mocidade
Escola Municipal de Teatro (Infantil-Xuvenil) 2022-2023
Inicio da actividade: 01-10-2022
Fin da actividade: 30-06-2023
Dias da actividade: Sábado ou venres según idade
Destinatarios/as: 4 - 17 anos
Prazas: 18 prazas/grupo
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade
Inscricións: ata cubrir prazas
|
DESCRICIÓN
Transmitir ao alumnado coñecementos e técnicas básicas de expresión corporal e dramática, técnicas de vocalización e fala en público; nun ambiente lúdico e distendido no que disfruten do traballo en grupo aprendendo dun xeito práctico e colectivo mediante dinámicas de educación non formal.
Para participar non se esixe nivel previo nin formación básica.
Os ITINERARIOS por idades aproximadas:
-
infantil (4 a 8 anos): sábados de 11:30 a 13:00 h.
-
xuvenil 1 (9 a 11 anos): venres de 17:15 a 18:45 h.
-
xuvenil 2 (12 a 14 anos): venres de 19:00 a 20:30 h.
-
xuvenil 3 (12 a 17 anos): venres de 21:00 a 22:30 h.
Profesora: Tamara Campos
Duración: desde outubro 2022 ata xuño 2023
IMPORTANTE: O alumnado inscrito no curso anterior deberá inscribirse novamente. A súa praza reservarase soamente ata que remate o prazo de inscrición (23/09/2022). No caso de que neste prazo non se inscribese entón perderá a reserva de praza e adxudicarase ás persoas inscritas seguindo a orde de inscrición.
TEÑEN PREFERENCIA AS PERSOAS INSCRITAS EMPADROADAS EN SOUTOMAIOR.
Horarios por idades: Opción 1: Itinerario infantil (4 a 8 anos): sábados de 11:30 a 13:00 h. Opción 2: Itinerario xuvenil 1 (9 a 11 anos): venres de 17:15 a 18:45 h. Opción 3: Itinerario xuvenil 2 (12 a 14 anos): venres de 19:00 a 20:30 h. Opción 4: Itinerario xuvenil 3 (12 a 17 anos): venres de 21:00 a 22:30 h. Custe empadroados/as: 12€ (Custe total: 54€) Custe NON empadroados/as: 24€ (Custe total: 108€) Cotas: 4 -1/2 Periodos de Pagos: outubro-novembro, decembro-xaneiro, febreiro-marzo, abril-maio, xuño (ou Custe total) Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago Forma de entrega: omix(arroba)soutomaior.gal ou Whatsapp: 638 822 868
|
|