OBRADOIROS / Concellería de Mocidade
DESCRICIÓN
Xornada na que visitaremos o Coliving Anceu Rural para coñecer de primeira man as experiencias de persoas que participan en programas de mobilidade e voluntariado xuvenil europeo.
Contaremos con persoas expertas que nos comentarán como funcionan estes programas e que posibilidades temos para solicitalos e así movernos por outros países, aprender idiomas e vivir experiencias de aprendizaxe inesquecibles.Un futuro cheo de posibilidades ao teu alcance.
Programa da xornada que se divide en 4 actividades principais:
Experimenta fora da casa:
Descobre que son os programas Erasmus Plus, o Servizo de Voluntariado Europeo e outros programas de mobilidade e intercambio internacional a través de historias reais de persoas que conviven en Anceu coliving.
Busca os teus referentes
Descobre proxectos de empresa relacionados coas túas paixóns a través de historias reais de persoas doutros países que conviven en Anceu Coliving. Descobre ademais que é Anceu Coliving e visita as súas instalacións.
Activa a túa serendipia rural
Participa axudando a construír un novo camiño rural que conecta Anceu coliving co encoro de Eiras e activa a túa serendipia.
Alimenta a túa curiosidade
Descobre a comida doutro país e alimenta a túa mente coas historias de vida de persoas doutros lugares do mundo.
As prazas cubriranse por orde de inscrición tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Teñen preferencia as persoas anotadas en Deseñando o teu futuro.
Accesos : 414 |