OBRADOIROS / Concellería de Ensino
DESCRICIÓN
Neste roteiro teremos ocasión de mesturar monte e horta guiados por Adelina Padin. Pola mañá percorreremos os montes do Grove descubrindo a horta do monte a través da variedade de plantas silvestres que nos ofrecen para aprender propiedades e usos e, pola tarde, visitaremos a súa horta de agricultura ecolóxica para falar de permacultura e das relacións de ambos espazos.
ROTEIRO “Comendo o monte + visita á horta de Adelina”
Patrimonial, medioambiental, botánica, permacultura, ecoloxía e interpretativa.
DATA: Domingo 22 de maio
BREVE DESCRICIÓN: pendente
Cubriranse por orde de inscrición. No caso de quedar prazas vacantes entón poderán entrar as persoas da lista de agarda que non estén empadroadas.
As persoas inscritas unha vez que lles sexa adxuditada a praza e que non asistan sen motivos xustificados serán penalizadas e non poderán volver a participar nos roteiros organizamos no ano en curso (neste caso 2022).
DOCUMENTACIÓN: ficha de inscrición (xa enviada en liña).
Unha ficha por persoa incluídos/as menores
Accesos : 609 |