OBRADOIROS / Concellería de Ensino
DESCRICIÓN
Sen dúbida, vivimos nun momento en que todos e todas estamos a descubrir a cociña grazas aos programas de televisión.
O obradoiro mestura Ciencia e Cociña, explorando a través de receitas sinxelas e fascinantes. Prepararemos cócteles científicos e sobremesas de cociña molecular mentres descubrimos a relación entre Ciencia e Cociña
NOTA: no caso de ter algunha intolerancia alimentaria por favor, indícao na ficha de inscrición no apartado de observacións.
Este obradoiro está incluído na programación do programa educativo Divulgaciencia, promovido polas Concellerías de Educación e Xuventude de Soutomaior que pretende espertar a curiosidade pola ciencia e difundir contidos científico - tecnolóxicos mediante accións cunha metodoloxía dinámica, experimental e lúdica na que poida participar toda a cidadanía.
Realizaranse durante a Feira de Ciencias o xoves 5 de maio en Talo Río.
Accesos : 401 |