OBRADOIROS / Concellería de Ensino
DESCRICIÓN
ROTEIRO “Montes do curro da Valga”
Patrimonial, medioambiental e interpretativa
DATA: Domingo 24 de abril
BREVE DESCRICIÓN:
Neste roteiro centrarémonos na riqueza natural e patrimonial dos montes da Valga, na serra da Groba, no municipio de Oia.
Trátase dun espazo natural onde se pode atopar unha mostra dos poucos cabalos autóctonos que se crían en liberdade e que, cada primavera e verán, se apresan, rapan e sanean nos curros (rapas das bestas) para volvelos deixar ceibes no monte.
Tamén percorreremos zonas de braña, regatos e humidais, onde existe unha grande e fráxil riqueza ecolóxica (anfibios, insectos, flora específica destes ecosistemas) e, facendo un pequeno desvío, achegarémonos a visitar algunhas mostras do patrimonio culturalque atesouran estes montes.
Na contorna do curro hai merendeiros e unha fonte con auga.
O Concello porá un autobús para os desprazamentos de saída e chegada nas que todo o grupo irá xunto.
CARACTERÍSTICAS: Dificultade baixa- Percorrido por sendeiros e pistas de monte aproveitando parte do trazado das rutas sinalizadas do Ruta do Curro da Valga e Ruta dos Muíños do Calán. A maioría do camiño está exento de pendentes. Faremos un percorrido circular(con algún desvío puntual) que comeza e remata nas inmediacións dopropio curro.
TEMPO ESTIMADO: todo o día.
DOCUMENTACIÓN: ficha de inscrición (xa enviada en liña).
Unha ficha por persoa incluídos/as menores
Accesos : 717 |