OBRADOIROS / Concellería de Cultura
DESCRICIÓN
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) acordou, por aclamación, homenaxear ao longo de 2022 e en especial o Día das Artes Galegas, 1 de abril, a José Otero Abeledo “Laxeiro” (Lalín, 1908 – Vigo, 21 de xullo de 1996).
Con tal motivo a Concellería de Cultura organiza unha exposición na que se seleccionan varias das súas obras e un obradoiro creativo para afondar e difundir na figura de LAXEIRO; decisiva para o desenvolvemento e difusión da arte galega no século XX e cuxa obra moderna e renovadora estivo sempre comprometida coa realidade do contexto sociocultural do seu tempo.
O programa de actos iniciarase o Mércores, 6 de abril
Laxeiro
Exposición “Achegándonos á obra de Laxeiro”
Público xeral | 6 - 29 abril | Biblioteca Municipal
Obradoiro creativo “Cun Laxeiro de paseo”
Belén Veleiro Artista plástica
Inscricións en liña| Ata 3 abril
Familiar | 18:00 - 19:30 h | Biblioteca Municipal
Breve descrición do obradoiro:
Falamos de Laxeiro, coñecemos un pouco da súa vida e obra. E despois centrámonos nos seus cadros máis a cargados.
Ímolo reinterpretar seguindo este proceso:
Sobre que soporte? Que me levarei para casa... Ven a descubrilo...
Accesos : 496 |