OBRADOIROS / Concellería de Igualdade
DESCRICIÓN
Representación do espectáculo de narración oral “CARABRANCA” interpretado por Iria Pinheiro.
O evento vai dirixido a persoas maiores de 3 anos. Iria Pinheiro é licenciada en psicopedagoxía e actriz (Premio María Casares mellor actriz e mellor texto orixinal 2019 e Premio Maruxa Villanueva á interpretación 2019).
Carabranca é unha nena pirata que logra todo o que se propón, desafiando calquera perigo marítimo e terrestre. A partir do teatro de obxectos a actriz conta unha historia na que se entrelazan as aventuras co ánimo de superación e valores que fomentan a igualdade.
Accesos : 781 |