EVENTOS / Concellería de Cultura
Descrición: Espectáculo musical "A meniña gaiteira" no que Servando Barreiro Canta a Rosalía. Un espectáculo baseado na vida e obra de Rosalía de Castro durante o cal os poemas de Rosalía son cantados entre paisaxes biográficas e declaracións sobre a súa condición de muller e escritora galega. O resultado é un conxunto ben equilibrado de cantigas alegres (con acordeón) e outras mais reflexivas e biográficas(acompañadas da guitarra) enfiadas con comentarios e pasaxes que destacan outros aspectos menos coñecidos mas non por iso menos importantes do seu pensamento.
Accesos : 194 |