OBRADOIROS / Concellería de Ensino
DESCRICIÓN
Comezaremos este roteiro cunha pequena explicación que se realizará no Multiúsos en Arcade e que terán unha duración de 1 h para expoñer conceptos básicos sobre micoloxía: concepto de fungo, cogomelo, hifa, micelio, espora,...Reprodución. Nutrición: formas de vida. Partes dun cogomelo. Aspectos ecolóxicos: climatoloxía e épocas de frutificación (factores que inflúen no desenvolvemento e frutificación dos fungos), influencia do tipo de terreo, hábitats). Principais especies comestibles e velenosas que se poden atopar en Galicia en outono.
Aproximadamente sobre ás 11 partiremos en coche para o punto de inicio do roteiro. Poderemos ir en cadanseu coche ou agruparnos para ir en grupos pequenos. Esta parte realizarase polos montes de Soutomaior pero a zona concretarse ese día polo guía e experto Jaime Blanco da Asociación Brincabois que serán o encargado de realizar con nós este roteiros e previamente seleccionar o mellor lugar uns días antes tendo en conta a climatoloxía e de como se atopen as zonas de bosque.
Material recomendado para realizar a actividade:
Máis información na OMIX no teléfono 986 700 822 ou en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
OBSERVACIÓNS COVID-19: co fin de adaptarnos á normativa e facer a actividade máis segura durante a actividade teremos que levar a máscara posta cando non se poidan manter as distancias de seguridade establecidas.
Accesos : 735 |