OBRADOIROS / Concellería de Cultura
DESCRICIÓN
Na tarde do 5 de xaneiro poderás acompañar ós Reis, nun tren que formará parte da comitiva da CARROZA REAL. O percorrido será desde a rúa Calvario ás 17 h ata a Alameda Talo Río, onde rematará o desfile e poderedes saudar e contarlle aos Reis os vosos desexos. Para participar no desfile tes que inscribirte e, así, poderás entrar no sorteo que se celebrará públicamente o sábado 21 de decembro no Multiusos en Arcade (cando remate a entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal).
Cando a Comitiva Real chegue a Talo Río o tren estará dispoñible para facer un pequeno percorrido polos arredores. Dirixida a persoas de todas as idades (menores de 8 anos en compañía de persoa adulta). Cando remate o desfile e as súas Maxestades cheguen á Alameda recibiranvos e poderedes contarlles os vosos desexos para 2020.
Grupos: En grupos de 40 persoas.
Teñen preferencia:
Accesos : 1007 |