Narrativa do xogo de orientación:
A deusa da morte Morrigan chegou a Soutomaior, e divagando na escura noite do Samaín, tenta enfeitizar a todas as persoas que se acheguen a ela. Este feitizo convertá ás persoas en mortas viventes, errando sen rumbo polo Concello de Soutomaior dende a noite do Samaín.
Pero non todo está perdido, xa que tras de Morrigan, achegáranse á vila un feixe de meigas e bruxos que nos axudarán a conseguir, despois de superar unha serie de probas, unhas porcións dun conxuro e uns ingredientes que darán por expulsada a esta deusa tan malévola.
Idades:
Menores de 10 anos. Deben ir sempre acompañados/as de, alomenos, 1 persoa adulta/grupo. Si son moitos menores terán que ir varias persoas adultas no grupo.
A partir de 10 anos en adiante. Poden ir sós no grupo sen necesidade de persoas adultas.
Desenvolvemento:
-
O número de persoas por equipo será de entre 4 mínimo e 12 máximo. Cobres a ficha individual e pos no encabezado o nome do equipo co que vas a participar.
-
Haberá un máximo de 20 equipos ou 200 participantes.
-
Priorizarase á xente empadroada. As persoas non empadroadas quedarán en lista de agarda e si hai prazas serán avisadas previamente.
-
As inscricións realizaranse a través da web do Concello:
-
https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina
-
Os equipos sairán en masa (todos xuntos). Haberá que estar ás 19h en Talo Río para recibir as explicacións e normas do xogo.
-
Cada equipo levará un mapa, cun total de entre 10 e 12 puntos a visitar (en orde distinta por equipo).
-
En cada un deses puntos teredes unha proba ou ben unha pista para chegar á zona da proba. Ao conseguir esa proba conseguiredes unha porción do conxuro ou ingrediente, que teredes que entregar ao final todos os equipos na chegada.
Probas:
-
A habilidade dos morcegos
-
A busca dos druídas:
-
Os trasnos con boa memoria
-
A agudeza visual do lobishome
-
Sopa de letras
-
Baliza pantasma
-
Cooperación das meigas
-
A cabaza rota
-
Truco/trato
-
Mensaxe dos/as mortos/as
Recomendacións:
-
Requírese vir con roupa e calzado cómodo para participar.
-
Traer roupa axeitada tendo en conta o tempo metereolóxico.
DISFRÁZATE e participa no especial Orientación noite do Samaín!