CONCURSOS / Concellería de Mocidade
X Concurso de "Verbas para... comunicar"
Inicio da actividade: 26-03-2017
Fin da actividade: 26-03-2017
Inscricións ata: Miércoles, 17. Mayo 2017
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade
|
DESCRICIÓN
Obxectivos:
Promover o uso da lingua galega entre a mocidade e conmemorar o día das Letras Galegas.
Modalidades:
1) Redacción
-
Dun texto en lingua galega que transmita unha idea, sentimento, opinión, etc.,
-
Só presentación individual.
-
O tamaño do texto non poderá ser superior ás 12 liñas.
-
O soporte será o papel ou cartolina e o seu tamaño non poderá superar un folio A4, pero si poderá ser inferior a este.
-
O formato de presentación do papel ou cartolina será libre.
2) Audiovisual
-
Elaboración dun vídeo (curta) e audio (tema musical) cunha duración máxima de 5 minutos.
-
Pode presentarse de xeito individual ou grupal.
-
Presentar en USB.
-
Pode ser gravado con móbil ou cámara.
-
Acéptanse tamén en calidade HD.
-
Obrigatorio que teña mensaxe en galego escrita ou verbal.
-
Tema e estilo libre
Destinatarios/as:
-
Mozos e mozas matriculados/as nalgún curso da ESO, FP ou Bacharelato que estuden no Colexio Manuel Padín Troiteiro ou no Colexio Santiago Apostol.
-
Mozos e mozas que estean empadroados/as no Concello de Soutomaior e non superen os 20 anos.
Categorías:
-
Categoría A: idades de 12 a 14 anos.
-
Categoría B: idades de 15 a 20 anos.
Prazo de presentación: desde o 6 de marzo a 28 de abril.
Entrega de premios en maio para conmemorar o Dia das Letras Galegas (17 de maio)
Descarga as Bases: 2017 Bases X Concurso verbas para comunicar.pdf
Modo de pago: Non reporta pago
|
|