OBRADOIROS / Concellería de Ensino
DESCRICIÓN
Este roteiro forma parte do programa municipal “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a natureza e patrimonio que nos rodea para educar en valores de respeto e coidado á natureza.
PROGRAMA DA XORNADA:
Comezaremos a xornada camiñando polo roteiro da pedra e da auga (arredor das 11 h): 6,5 kms. Dificultade baixa; desnivel suave. Lineal. Terreo fácil e sen desnivel, aínda que con algún tramo mais irregular e con algunhas pedras esvaradías. discorre ao longo do río Armenteira, pola vereda que daba servizo a máis de 30 muíños, algúns en ruínas pero outros restaurados. Acompañaranos en todo momento a tan valiosa vexetación de ribeira e o son da auga. Tamén teremos a ocasión de pasar polo Mosteiro de Armenteira.
Ao rematar deixaremos tempo para xantar. Poderedes decidir si facelo de picnic no merendeiro ou no bar/restaurante “Os castaños” que está no punto final do roteiro.
Material recomendado para realizar a actividade:
Máis información na OMIX no teléfono 986 700 822 ou en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Accesos : 664 |