EVENTOS / Concellería de Igualdade
Descrición: Para os Alumnos do S. Apóstol e P. Truiterio. A obra de teatro o País dos Mandóns, chega ó Concello de Soutomaior para falarnos sobre a necesidade de construir espazos de Igualdade na sociedade actual. A Concellería de Igualdade, a cargo de Cristina González Piedras, e dentro das actividades programadas na campaña municipal do 25N, "Pasos de Liberdade" Dia Internacional contra a violencia machista, fai unha aposta clara pola prevención primaria como unha das ferramentas sociais e educativas máis eficaces e poderosas por eliminar as desigualdades e as violencias sociais, facendo intervencións dende idades ben temperás.
Accesos : 834 |