Creación dun mural colectivo de repulsa contra a violencia machista , onde poidamos expresar en sororidade o noso sentir e a nosa implicación persoal con este tema que nos atañe a todos e todas.
Representar e reflexionar en grupo como mulleres, en creación artística e sororidade, o proceso como estado permanente, por medio da pintura unha idea común sobre:
- Cales son as causas que noslevaron e nos levan a adicar o nosos esforzo a un cambio que mellore a nosa situación como mulleres nesta sociedade patriarcal.
- Cal é o momento que vivimos con respecto as desigualdades sociais e laborais no binomio home-muller.
- Cales son as metas o noso alcance que precisan da nosa confianza e vontade para realizar a práctica integral da igualdade e o cambio social.