EVENTOS / Concellería de Ensino Inscricións ata 22 novembro, na OMIX
Descrición:
"Os vellos camiños da Montesiña": para seguir coñecendo os recunchos do Concello. Breve descrición: 6kms (dificultade baixa); Praia Fluvial A Xunqueira, sendeiros a carón do Verdugo, sendeiros pola zona baixa de Saramagoso. Variacións continuadas de paisaxes (ribeira, monte baixo, cotas, sendas, viñedos, zonas semiurbanas e zonas rurais), onde se farán paradas interpretativas. Ferramentas:empregarase un lector QR (Visita a páxina para Android) para identificar as zonas de parada. Levaranse mapas para recoñecer o terreo sobre o que se vai avanzando.
A actividade é de balde pero para participar haberá que inscribirse previamente na OMIX antes do 22 de novembro
Accesos : 947 |