Descrición:
No marco da programación cultural municipal, o Concello de Soutomaior retoma a súa aposta polo cine e as proxeccións no Multiúsos de Arcade cunha das mellores películas do cine galego.
A Esmorga, unha película baseada na novela de Eduardo Blanco Amor, dirixida por Ignacio Vilary protagonizada por Miguel de Lira,Karra Elejalde e Antonio Durán "Morris".
A Esmorga ofrece unha intensa crónica de 24 horas na vida de tres homes, compañeiros de festa que, deixando tras de si un regueiro de destrución, de sexo equivoco e reprimido, van pechando portas e tirando as chaves, como para non querer volver e encarasen o seu pernicioso destino con coñecemento de causa e fin.
Accesos : 842