fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 12 Abril 2017 18:59

I Xornada de Portas Abertas

Obradoiro de emprego “Hostalería Verdugo”

Obradoiro de emprego “Hostalería Verdugo”

O Obradoiro de Emprego “Hostalería Verdugo” do Concello de Soutomaior, financiado pola  Consellería de Emprego da Xunta de Galicia, vai a levar acabo o próximo xoves día 20 de abril a I Xornada de Portas Abertas.

Nesta xornada as instlacións do Obradoiro estarán abertas para todos aqueles veciñ@s do Concello de Soutomaior que queiran achegarse ata alí. Durante ese día, a partir das 8,30 horas, toda aquela xente que guste poderá disfrutar dos pratos que os alumn@s-traballador@as das dúas especiales preparen.

Así, desde as 8,30 h ata as 10,00 h a sala de restaurante-bar estará a disposición dos visitantes para que poidan disfrutar dun almorzó. preparado polos alumn@s da especialidade de Restaurante-Bar.  Xa a partir das 13,30 h. aqueles que o desexen poderán dusfrutar dunha comida. O menú estará formado por pratos preparados polos alumn@s da especialidade de Cociña.

Nos almorzos o aforo estará limitado a 50 servicios e no xantar a 40.

Ä súa chegada os asistentes ó comedor serán recibidos polo Director e a Titora do Obradoiro e acomodados na sala polos alumn@s da especialidade de Restaurante-Bar.

A celebración desta xornada de portas abertas ten como finalidade dar a coñecer o traballo que os os alumn@s-traballador@as fan nesta instalación, así como poner en práctica tódolos coñecementos adquiridos durante os meses que o obradoiro leva funcionando.

Para reservar  prazas para  esta xornada de portas abertas e evitar maior número de asistentes  ao inicialmente programado é necesario anotarse nas oficinas do Concello de Soutomaior. Teléfono: 986 705106


Publicado en Emprego e Formación
Visto 1655 veces