fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 26 Outubro 2016 11:35

Visita alumn@s do Colexio Santiago Apóstol

Visita alumn@s do Colexio Santiago Apóstol

Os alumn@s de 2º de Primaria do Colexio Santiago Apóstol visitaron o Concello de Soutomaior, onde o alcalde respondeu as preguntas dos pequenos e explicou o funcionamento municipal.

Sentados da mesma maneira que o fan os edís nos plenos, os pequen@s tiveron a oportunidade de transmitir persoalmente ao alcalde Agustín Reguera as súas preguntas e desexos.

Tras expoñer as súas peticións e inquietudes, os alumn@s escoitaron atentamente unha pequena explicación sobre algúns dos aspectos de interese do Concello de Soutomaior como a súa historia, o seu funcionamento ou o proceso electoral a través do cal se elixe o goberno municipal.

Unha exposición da que tomaron boa nota, xa que esta visita supón un complemento práctico ás clases teóricas que reciben no colexio.


Publicado en Emprego e Formación
Visto 2156 veces