fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 18 Mai 2020 13:40

Comprar en Soutomaior – Plataforma dixital

Comprar en Soutomaior – Plataforma dixital

Desde o Concello de Soutomaior facilítase a incorporación dos comercios locais á plataforma dixital “Comprar en Galicia”.

Comprar en Soutomaior nace como un directorio do comercio local do Concello de Soutomaior onde os usuarios poden atopar aos seus comercios máis próximos polo tipo de produto que venden, as súas marcas e as súas especialidades.

Os usuarios poden localizar facilmente calquera produto que necesiten entre o comercio local sen necesidade de percorrer as tendas. Deste xeito dáse unha alternativa ao consumo online en grandes portais que achegan pouco ou ningún valor á economía local.

Os comercios locais que decidan libremente incorporarse ao portal local obterán os seguintes servizos: Posicionamento SEO Xeolocalizado - Campañas de dinamización comercial - Asesoramento no ámbito dixital-Loxística (Apostando por repartidores locais para as entregas),etc.

 O custo do servizo será abonado nun 90% polo Concello de Soutomaior.

Ata a data máis de 15 comercios locais xa mostraron o seu interese en unirse a esta iniciativa dixital de tenda online local.


Publicado en Emprego e Formación
Visto 1859 veces