Xoves, 17 Decembro 2015 10:09

Clausura do Curso de Actividades Administrativas

O ciclo constaba de 818 horas lectivas e acredita un Certificado de Profesionalidade de Nivel 2.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, acompañado da edil, Dolores Cernadas, clausurou onte o Curso de Actividades Administrativas en Relación co Cliente que impartía o Concello desde o pasado mes de xullo.

Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro do plan de Accións Formativas para Desempregados (AFD) da Xunta de Galicia, financiada pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo en colaboración co Concello de Soutomaior, e que acredita un Certificado de Profesionalidade de Nivel 2, necesario para traballar en multitude de empresas e administracións públicas.

O ciclo, de 818 horas lectivas, desenvolveuse no Multiusos de Arcade coa intención de formar a un total de 15 alumnos.

O curso contaba con diversos módulos enfocados a mellorar as calidades administrativas e comerciais dos participantes. Entre eles atopábanse o de Atención ao Cliente no proceso Comercial. Gravación de Datos, Xestión de Arquivos, Ofimática e Lingua estranxeira profesional, ademais dunha fase práctica de 120 horas na que os alumnos realizaron prácticas profesionais en empresas de toda a comarca.

Durante a entrega de diplomas, o alcalde destacou a importancia de contar cunha boa formación “á hora de integrarse nun mercado laboral moi competitivo”, e anunciou que, por parte do Concello de Soutomaior, solicitaranse novos cursos para “continuar ofrecendo a todos os veciños a oportunidade de ampliar os seus coñecementos e especialización de maneira que poidan mellorar a súa cualificación profesional e facilitar a súa inserción laboral”.

O obxectivo deste ciclo non é outro que o de desenvolver políticas que xeren emprego cunha dimensión local ademais de supoñer unha mellora nas condicións de emprego dos alumnos grazas á súa formación teórica e a súa gran especialización profesional, ao ser un programa enfocado fundamentalmente aos coñecementos prácticos.


Publicado en Emprego e Formación
Visto 2036 veces

Emprego e Formación

A tarxeta do paro volve renovarse cada tres meses

A tarxeta do paro volve renovarse cada tres meses

05-01-2021 / Emprego e Formación

Desde onte, os demandantes de emprego en Galicia terán que volver renovar as súas solicitudes cada tres meses. Ata o de agora, durante un período extraordinario froito da situación xerada pola pandemia, este trámite realizábase de maneira automática. Para iso, as 54 oficinas do Servizo Público de Emprego en Galicia impulsarán a renovación por medios non presenciais: vía web (sen necesidade...

Clausura do taller de emprego “ Hostaleria Rio Pequeno”

Clausura do taller de emprego “ Hostaleria Rio Pequeno”

17-12-2020 / Emprego e Formación

Os concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén finalizaron o segundo taller de emprego que organizan de forma conxunta e que leva o nome do pequeno río co que limitan...

Suspensión da feira do 13 e 26 de novembro

Suspensión da feira do 13 e 26 de novembro

10-11-2020 / Emprego e Formación

 O Concello de Soutomaior decidiu suspender a feira prevista para os días 13 e 26 do presente mes de novembro na Alameda de Talo Río. Tomouse a decisión a pesar dos...

Comprar en Soutomaior – Plataforma dixital

18-05-2020 / Emprego e Formación

Desde o Concello de Soutomaior facilítase a incorporación dos comercios locais á plataforma dixital “Comprar en Galicia”. Comprar en Soutomaior nace como un directorio do comercio local do Concello de Soutomaior...

Comedor social – Taller de emprego “ rio Pequeno”

29-01-2020 / Emprego e Formación

O taller de emprego “ rio Pequeno”, organizado conxuntamente polos Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén, iniciou unha das actividades que esta iniciativa impulsa en beneficio dos veciños destes...

Soutomaior e Pazos de Borbén inauguran o seu taller de emprego “ Rio Pequeno”

20-12-2019 / Emprego e Formación

 A Escola Obradoiro de Alxán acolleu a presentación do novo taller de emprego organizado polos Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén. O acto contou coa participación dos alcaldes de ambos...

Curso de turismo mariñeiro, 13, 14 e 15 de febreiro - Arcade

11-02-2019 / Emprego e Formación

O GALP Ría de Vigo - A Guarda está organizando un curso de 10 horas de duración, repartidas en tres días, sobre turismo mariñeiro, para persoas do sector pesqueiro, marisqueiro...

Obradoiro de hostalería “Rio Pequeno”

22-11-2018 / Emprego e Formación

Os alcaldes de Soutomaior e Pazos de Borbén achegáronse onte a dar a benvida aos 20 alumnos do Obradoiro de hostalería “Rio Pequeno”, que organizan conxuntamente ambos os Concellos. O...