fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 25 Outubro 2017 13:18

Atrévete co inglés! participa en SOUTONEWS

Atrévete co inglés! participa en SOUTONEWS

O Concello de Soutomaior pon en marcha Soutonews, Magazine Xuvenil. Trátase dun programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándose de crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,…  O que se pretende é mellorar as competencias lingüísticas dos mozos e mozas, que  perdan a vergoña a falar en inglés e en público, que traballen en equipo e que traballen contidos con vocabulario diferente para así ampliar os seus coñecementos.

Guiados por unha profesora, idearán as novas, redactarán os contidos para logo coa axuda da televisión local,  gravar as seccións cos diálogos subtitulados en galego. Incorporaremos actividades didácticas que axudarán a desenvolver as habilidades en inglés así como a desenvolver a axilidade mental: competición de deletreo (spelling), obradoiro de cancións,etc.

Si estades interesados en saber que se fixo podes consultar os número anteriores en www.soutomaior.com ou en www.gabinetesoutomaior.com

 

Grupo 1: de 12 a 15 anos: Venres de 16:00 a 17:30
Grupo 2: de 16 a 25 anos: Venres de 17:30 a 19:00
 

  • Inscricións ata: 03 Nov 2017
  • Destinatarios: 12 - 25 anos
  • No prazas: 14/grupo
  • Custe: 10 €/mes emp. - 30 €/mes non
  • Inscricións: OMIX (Multiusos), Tel. 986700822 omix@soutomaior

 

Axenda Municipal

Concellería de Xuventude, Concellería de Educación
SoutoNews Magazine, inglés fácil!
Do: 28-10-2017 ó: 29-06-2018 / Inscricións ata: 03 Nov 2017 
Lugar da actividade: Multiusos de Arcade
Obxectivos: adquirir competencias lingüísticas en inglés dun xeito práctico e divertido, usando vocabulario propio de contextos diarios para falar...

 


Publicado en Ensino
Descargar adjuntos:

17-inscricions-soutonews_1.pdf (668 Descargas)
Visto 1962 veces

Medios

Edición N0 3 Soutonews Magazine