fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 28 Agosto 2015 12:52

Presentación do Proxecto do Novo IES de Soutomaior

Presentación do Proxecto do Novo IES de Soutomaior

O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodriguez, presentou hoxe o proxecto do novo IES de Soutomaior ante o Alcalde do Concello Agustín Reguera.

A Xunta volverá a facer un importante investimento público de preto de 5 millóns de euros.

O centro, que contará cunha superficie construída de máis de 4.200 metros cadrados nunha parcela de cerca de 23.000 metros cadrados con porches e pistas polideportivas, desconxestionará o CPI Padín Truiteiro, favorecendo así o agrupamento da etapa de ESO nun edificio independente.

O departamento educativo da Xunta espera comezar coa obra o vindeiro ano.

En total o edificio distribuirase en tres plantas. Na 1 situarase o ximnasio e a cafetaría mentres a planta baixa albergará a administración a biblioteca e a área docente de secundaria. Na planta primeira estarán os seminarios e o resto de área docente.

Segundo indicou o titular do departamento educativo do Goberno galego “hoxe damos un paso fundamental, poñendo os alicerces do noso compromiso co obxetivo de que estes planos se convertan nunha realidade en puco tempo, en aras de beneficiar a toda a comunidade educativa do Concello de Soutomaior.

Polo outro lado o Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou que a pesar das dificultades económicas os compromisos fanse realidade e a presentación deste proxecto así o confírma.


Publicado en Ensino
Visto 3088 veces